Os corvos mariños son aves que tamén nadan; os salmóns son peixes que case voan. Velaí que non adoiten levarse moi ben. Así e todo, neste li bro un salmón e mais un corvo mariño fanse amigos. E despois úneselles o vento, que será quen conte, de xeito poético, a historia da amizade que xurde entre os tres.