Cando os animais falaban

Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo

EAN:
9788483029077
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-8302-907-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
235
Alto:
255
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
SIN COLECCION

34,50 €

IVE incluído
Comprar

Cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ese tempo mítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima, de aí que esta frase apareza como fórmula de entrada de contos e relatos, sobre todo dos contos de animais e dos contos marabillosos e de maxia, moi similar a outras ben coñecidas como "Erase unha vez", "Desta era" ou "Nos tempos de Maricastaña".O cento de contos que se recollen neste volume, cada un deles ilustrado fermosamente a toda cor  por Andrés Meixide, están tirados todos eles da tradicón oral galega;  todos eles refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación, cando se decidiu que as cousas fosen como son, que o carrizo fose pequeno, que a silveira dese amoras e que a cobra non tivese patas. Son contos populares que explican, a súa maneira, por que as cousas son dese xeito e non doutro. Neste libro, singularmente fermoso, quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais e conductas humanas: ¿Por que os corvos non son fachendosos?, ¿Por que a  andoriña é un paxaro que trae sorte?, ¿Por que o moucho chama sempre polos bois?, ¿Por que os paxaros fan niño?, ¿Por que no inverno non se  ve o cuco? ¿Como se alimentan as follas das árbores? Son algunhas das  preguntas que se responden neste volume, cuestións que quedan explicadas dun xeito tan inxenuo e plástico como fermoso. Un libro imprescindible para coñecer e gozar e rir cos nosos mitos fundacionais, que poden compararse cos de calquera outro pobo do mundo.

Outros libros do autor en Libreria Clarin Estella

  • Dicionario dos seres míticos galegos
    Titulo del libro
    Dicionario dos seres míticos galegos
    Cuba, Xoán R. Reigosa, Antonio Miranda, Xosé
    Dicionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade do...
    No disponible

    50,95 €

  • Contos marabillosos II
    Titulo del libro
    Contos marabillosos II
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    No disponible

    10,00 €

  • Arrepíos e outros medos
    Titulo del libro
    Arrepíos e outros medos
    Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio
    "Arrepíos e outros medos" recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con e...
    No disponible
  • Contos de maxia I
    Titulo del libro
    Contos de maxia I
    Miranda, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro
    No disponible

    10,35 €

  • A flor da auga
    Titulo del libro
    A flor da auga
    Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio
    Este libro, segundo da colección "Lendas de Galicia", preparada por Xosé Miranda e Antonio Reigosa, recolle c...
    No disponible

    17,50 €

Materia en Libreria Clarin Estella