Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028353
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-835-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada en catro seccións. A primeira "Oracións para os vosos nomes", susceptible  de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte  e da literatura galega. As tres restantes seccións, "Pregoeira da ledicia", "O teu corpo florido" e "Ausencia e noiva baixo raíces", constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire matices de universalidade. Poesía nos dous casos, como quería Worsworth, da emoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas  activas da conciencia.O segundo poemario, Tempo de Compostela, está formado por tres seccións, que levan por título "Poemas diacrónicos", "Poemas contemporáneos" e "Poemas nominados", ás que lles hai que engadir tres textos limiares e un texto epilogal. Tempo de Compostela comeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelán que viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de "belas composicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculos ata estes nosos días de hoxe", isto é, dos poemas que integran a obra.  Deste xeito atopa xustificación a presencia dos "poemas diacrónicos",  compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados das diferentes etapas da historia da literatura galega, desde a Idade Media ata a actualidade.O presente volume é unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño que abala entre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, un lirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literatura e máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.

Outros libros do autor en Libreria Clarin Estella

Materia en Libreria Clarin Estella

Xerais en Libreria Clarin Estella

  • Contaminación e reciclaxe
    Titulo del libro
    Contaminación e reciclaxe
    Astor Camino, Xulio / Paredes Ribadulla, Xabier / Samartín, Luis Alberto
    Xerais
    No disponible

    12,75 €

  • O Valego
    Titulo del libro
    O Valego
    Costas González, Xosé Henrique
    Xerais
    «Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,95 €

  • As voces de mármore
    Titulo del libro
    As voces de mármore
    Jiménez Casas, Cipriano Luis
    Xerais
    No disponible

    10,10 €

  • A materialidade das fillas de Lupa
    Titulo del libro
    A materialidade das fillas de Lupa
    Otero, Inma
    Xerais
    Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre tod...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,95 €

  • Eu tamén fun pequena
    Titulo del libro
    Eu tamén fun pequena
    Blanco, Concha
    Xerais
    Todas as noites, antes de durmir, a avoa Concha cóntalles ás súas netas lembranzas da infancia nos anos cinc...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €