Aire para respirar

Aire para respirar. Memorias dun tempo presente

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029213
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-8302-921-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

16,85 €

IVE incluído

Esta é a crónica subxectiva dun tempo, os últimos vintecinco anos, narrada por unha persoa que posúe a percepción sensible e apaixonada dos que loitan activamente para mellorar unha realidade tan incerta como a Galicia deste período. Un libro que está a cabalo entre unhas memorias dun tempo presente, na metade do camiño da vida do seu autor,  e un ensaio sociolóxico e político sobre o pasado inmediato e o devir  do país. Empregando unha narración en primeira persoa, tan emotiva e fermosa como nalgúns momentos provocadora, Baamonde fai desfilar por estas páxinas a vida daqueles conmovedores rapaces que nos anos setenta aprendían antifranquismo. O autor ensaia un retrato do desenvolvemento da nova clase política que provocou a Autonomía, perfilando unha imaxe da sociedade galega, sumida -para el- "na inercia, no marasmo e no desconcerto", non exenta de dureza, pero descrita sen amargura, coa leve ironía e o tipo de humor distanciado de quen pretende desenvolver a madurez dunha conciencia crítica. O volume inclúe un ensaio final, "Recapitulación: Galicia, hoxe, máis ou  menos", onde Baamonde realiza unha interpretación dos últimos vintecinco anos en Galicia, á luz da evolución do pensamento sobre a identidade e dos fenómenos políticos e sociais que supuxo a consolidación do proceso autonómico. Unha obra singular para animar o debate e a reflexión sobre un futuro por construír. Un libro que dará moito que falar.

Outros libros do autor en Libreria Clarin Estella

  • A derrota de Galicia
    Titulo del libro
    A derrota de Galicia
    Baamonde García, Antón
    Xerais
    A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos...
    No disponible

Materia en Libreria Clarin Estella

Xerais en Libreria Clarin Estella

  • O ano das mazás
    Titulo del libro
    O ano das mazás
    Ferreira Fervenza, Montserrat
    Xerais
    É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas pa...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,50 €

  • Contos colorados
    Titulo del libro
    Contos colorados
    Cuba, Xoán R.;Reigosa, Antonio;Miranda, Xosé
    Xerais
    Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da t...
    No disponible

    47,10 €

  • Axenda dietario xerais 2016
    Titulo del libro
    Axenda dietario xerais 2016
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    16,00 €

  • Tráiler
    Titulo del libro
    Tráiler
    Alonso, Fran
    Xerais
    Tráiler é unha obra plural, ateigada de puntos de vista e voces narradoras, cheas de tipos do asunto, tipos d...
    No disponible

    8,50 €

  • Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2013
    Titulo del libro
    Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2013
    Mosteiro García, Manuel Antón
    Xerais
    Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2013 é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de L...
    No disponible

    12,00 €