A rotura das paisaxes

A rotura das paisaxes

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149899
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-989-9
Páxinas:
304
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Dous homes de avanzada idade camiñan por unha praia enleados en distintas conversas mentres, para o seu abraio e incomodidade, atenden, sen pretendelo, a unha serie de acontecementos que escapan da  súa comprensión e van alterando o seu estado de ánimo. Esa circunstancia obrígaos a reflexionar sobre a súa situación na praia, sen liberarse da dúbida de que se atope alguén máis canda eles a quen non dan visto.
 Cunha linguaxe multifocal, que ás veces roza o surrealismo, mesturando  realidade e ficción de xeito continuo e partindo dunha cita do pintor  Toulouse-Lautrec (que di que o esencial é a figura mentres que a paisaxe é un mero accesorio), Xesús Constela achéganos un libro no que  xoga con diversas técnicas literarias que van desde o máis espido dos  diálogos, ata unha sorte de poesía de carácter narrativo, pasando pola linguaxe cinematográfica ou a prosa poética, entre outras.
 Con moitas e moi diferentes voces narradoras relatando ao mesmo tempo,  A rotura das paisaxes configúrase como un libro que admite diversas ordes de lectura e, xa que logo, pode ser interpretado como unha novela para quen queira ver nel unha novela, ou unha colección de relatos para quen prefira ver nel unha colección de relatos.

Outros libros do autor en Libreria Clarin Estella

Materia en Libreria Clarin Estella

Xerais en Libreria Clarin Estella

  • (G).(11).GRAFOMOTRICIDADE 4.(4 ANOS).(TRAZOS E TRAZOS)
    Titulo del libro
    (G).(11).GRAFOMOTRICIDADE 4.(4 ANOS).(TRAZOS E TRAZOS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    6,65 €

  • A cantiga de amigo
    Titulo del libro
    A cantiga de amigo
    Brea, Mercedes;Lorenzo, Pilar
    Xerais
    A tradición lírica galego-portuguesa é a que transmite o maior número de cancións femininas da Europa medi...
    No disponible

    23,00 €

  • Demos de verán
    Titulo del libro
    Demos de verán
    Nº 413
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    Doroteo Acuña, policía xubilado, recibe na cidade da Coruña, onde reside, unhas enigmáticas postais enviada...
    No disponible
  • A CAIXIÑA DOS RANCORES
    Titulo del libro
    A CAIXIÑA DOS RANCORES
    Nº 168
    CAJARAVILLE, HéCTOR
    Xerais
    A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Blasfemias de silencio
    Titulo del libro
    Blasfemias de silencio
    Pexegueiro, Alfonso
    Xerais
    En Blasfemias de silencio, Alfonso Pexegueiro recupera unha parte importante dos seus poemarios publicados entr...
    No disponible

    17,90 €