Níxer

Níxer

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499141145
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9914-114-5
Páginas:
264
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
225
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

20,95 €

IVA incluido

O corazón segue na escuridade. Níxer era o país máis pobre do mundo ata que a terra fixo tremer Haití. Níxer está no mundo sen estar. A fame escurece o presente dun país con carencias crónicas e sen cámaras  para explicar por que catorce de cada cen nenos nunca chegarán a ser adultos. Morrerán de fame en silencio e sen imaxes contra a catástrofe. Morrerán mentres os golpes de estado libran escuras batallas polo uranio que produce o país. Este libro promovido dende Galicia por Acción Contra a Fame (ACF) e Cultura Solidaria Galega (CSG) é un testemuño que non pode ser máis que mínimo con respecto ao tamaño da traxedia. Unha reclamación contra a aceptación resignada dunha circunstancia que non por constante é menos grave. Quere ser a demostración de que todos os conflitos son o mesmo conflito: o dunha parte da humanidade colocada en traumática situación de inferioridade.  Colocada contra o paredón da invisibilidade entre as traxedias imposibles e os dramas permanentes. Os autores deste libro son: Francisco X. Fernández Naval (escritor), Camilo Franco (escritor e xornalista), Alfon-so Costa (pintor) e Moustapha Bello Marka (escritor  nixerino residente en Zinder). Acción Contra a Fame (ACF) é unha organización humanitaria internacional e independente que combate a desnutrición infantil ao tempo que garante auga e medios de vida seguros ás poboacións máis vulnerables. Cultura Solidaria Galega (CSG) é un colectivo formado por  representantes do mundo da cultura galega, constituído como grupo de apoio voluntario e desinteresado á Delegación en Galicia de ACF, para sensibilizar sobre a problemática da fame no mundo.

Materia en Libreria Clarin Estella

Xerais en Libreria Clarin Estella

  • ¡Maldito D.N.I.!
    Antiguo
    Titulo del libro
    ¡Maldito D.N.I.!
    Carballude Blanco, Xosé
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,80 €

  • A historia de Brava Panadeira
    Titulo del libro
    A historia de Brava Panadeira
    Borrás, Alicia
    Xerais
    Brava, unha simpática cadela do refuxio, só ten dous defectos coñecidos: roubar todo o pan que ulisca preto ...
    ¡Próximo lanzamiento! Disponible a partir de 16-10-2025

    13,50 €

  • Claro e seguido 2. Expresión oral
    Titulo del libro
    Claro e seguido 2. Expresión oral
    Muñoz Saá, Begoña;Sarmiento Macías, María Xesús;Alonso Pintos, Serafín
    Xerais
    "Claro e seguido" é unha proposta metodolóxica para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Dos tempos sombrizos
    Titulo del libro
    Dos tempos sombrizos
    Salgado García, Daniel
    Xerais
    Dos tempos sombrizos é un libro de poemas sobre o medo. Sobre un medo ás veces concreto e ás veces difuso. S...
    No disponible

    14,50 €

  • Venres ou a vida salvaxe
    Titulo del libro
    Venres ou a vida salvaxe
    Tournier, Michel
    Xerais
    No disponible

    7,25 €