A-z

A-z

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820080
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-008-0
Páginas:
184
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

13,85 €

IVA incluido

"A-Z" de Xesús Fraga é un xeito de guía sentimental de Londres, escrita dende o punto de vista dun fillo dos emigrantes de Untia, un libro protagonizado por londinienses, sexan accidentais ou vocacionais. Un monllo de relatos, de grande unidade temática, que constitúen "faragullas de lembranzas", memoria vivificada do traballo dos emigrantes galegos que hai trinta e cinco anos viaxaron a capital británica. Para Xesús Fraga "Londres é unha gran aldea formada por outras máis cativas, non necesariamente coincidentes xeograficamente sobre o plano dun A-Z, na que os galegos son unha máis das moitas tribos que viven ó norte e ó sur do Témese. E unha aldea na que un galego comparte a cociña dun hospital con portugueses e polacos, os veciños da escaleira son colombianos e o home que vive coa amiga da mesma vila e coa que empezou a emigración é paquistaní ou exipcio". Así por este fermoso libro pasan os emigrantes que cada tarde de domingo len o seu país nas árbores dos xardíns de Kensington ou comproban o anuncio da primavera na presencia dos estalotes, alí "luvas do raposo", ou nas festas do globo de papel que organizan ás beiras do Lago de Serpentine. Un libro que desenvolve historias ou acontecementos vividos ou imaxinados sobre o plano, ese A-Z indispensable para guiarse nunha cidade de sete millóns de habitantes.  Historias como as de Faustino Caínzos, un emigrante accidental, un carterista que debeu fuxir de Untia por mor dunha vella beata que o descubriu na romaría de San Xoán de Rosa. Traballadras como América que limpa na casa de Sean Connery e que foi a única muller no mundo que lle negou un café ao propio James Bond. Estudiantes que na súa estadía londiniense aprenden a historia do graffiti ou emigrantes maiores que acoden aos locais de apostas a pendurarse do fío do seu futuro.

Otros libros del autor en Libreria Clarin Estella

Xerais en Libreria Clarin Estella

  • A semente, a árbore, a froita
    Titulo del libro
    A semente, a árbore, a froita
    Reimóndez, María
    Xerais
    É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do "efecto Pontón". En boa medida, o ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días..)

    19,95 €

  • Guerra Civil
    Titulo del libro
    Guerra Civil
    Cocho, Federico
    Xerais
    Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España narra, desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra C...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,95 €

  • Lingua 3 Educación Primaria. Caderno do alumnado. Proxecto Tecelingua (2020)
    Titulo del libro
    Lingua 3 Educación Primaria. Caderno do alumnado. Proxecto Tecelingua (2020)
    Añón Montes, Marta
    Xerais
    No disponible

    11,92 €

  • Asústate, Merche!
    Titulo del libro
    Asústate, Merche!
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Esta historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal, Auria descobre unha terrible e mis...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Historia de Galicia
    Titulo del libro
    Historia de Galicia
    López Carreira, Anselmo
    Xerais
    A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais...
    No disponible

    22,00 €