En setembro de 1927 MarÃa Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir a Escarabote, preto do pazo de Goiáns, onde traballa de cociñeira unha parenta súa, herdeira da fortaleza cercana ao Lago do Mar. Irene, unha nena de dez anos, coñece os novos veciños e repara na elegancia de MarÃa, quen, amais dos vestidos, cose versos e apaña bolboretas no vento. As dúas fan boas migas e MarÃa Mariño decide compartir con Irene un segredo: o misterio dun libro que provoca un murmurio no lago.