A historia de Odoyno

A historia de Odoyno

Nº:
51
Editorial:
Toxosoutos, s.l.
EAN:
9788494423260
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-944232-6-0
Páginas:
184
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
TRIVIUM

Odoyno Veremudiz foi un monxe galego do século X. Pouco antes de morrer, no ano 982, redactou un documento, a modo de testamento: o destino que quería dar á súa propiedade máis querida, a igrexa e terrar de Santa Comba de Bande, que herdara de seu pai Veremundo. Mais  antes de rematar o documento que doaba Santa Comba ao mosteiro de Celanova, Odoyno quixo explicar con certo detalle o que supuxera para el o mantemento de dita propiedade en vida e, de paso, o seu propio periplo vital.
O relato inclúe o contacto cos mais importantes personaxes da sua época, como o rei de león Ranemiro II, o bispo Rudesindo (San Rosendo), a abadesa fundadora de Guimarães, Mumadomna Didaz, e o "conde santo" de Lourenzá, Osorio Guttierriz. Tamén narra Odoyno a súa aventura amorosa cunha xoven abadesa, Onneca, probable filla de Mumadomna.
Todos estes pormenores dotan a este documento  dunha importancia única, que este libro trata de ofrecer aos lectores  e lectoras xunto cun amplo comentario sobre as circunstancias políticas, económicas e culturais dunha época esquecida na que a fronteira sur de Galicia limitaba co río Mondego.

Otros libros del autor en Libreria Clarin Estella

Materia en Libreria Clarin Estella

Toxosoutos, s.l. en Libreria Clarin Estella